Espazo complementario a formación presincial organizada para o Centro de Información a Muller do Concello e Maceda
Curso de formación en HABILIDADES COMERCIAIS Técnicas de Ventas – Caixa – Almacén
Curso organizado polo Centro de Información a Muller do Concello de Maceda, que inclúe coñecementos de ventas, caixeiro/a, repoñedor/a e tamén formación en manipulación de alimentos.
Combina formación presencial e tamén on-line, ademais conta coa posibilidade dun módulo final de prácticas non laborais.
O obxectivo é preparar profesionais capaces de controlar o punto de venda, a caixa diaria e a atención ao cliente, ademais de repoñer e ordenar mercancía, tanto en almacén como na tenda.